viernes, 30 de marzo de 2012

O BLOG EN ORIENTACIÓN


Quero facer una reflexión sobre un artigo lido recentemente no blog totemguard e que fai referencia as vantaxes do emprego do blog en educación.
Neste artigo cítanse 8 vantaxes:
1.       Reflexionar a posteriori sobre a evolución do traballo e pensamento docente: Un blog é esencialmente un diario, persoal ou profesional,
que permite plasmar o nosotraballo e as nosas ideas.
2.      Progresar en competencias TIC: Bloguear é un excelente xeito de progresar nas nosas competencias tecnolóxicas.
3.       Comunicar con outros profesionais da educación: Se inicia un diálogo reflexivo e crítico sen fronteiras físicas de tempo e espazo que nos axudan a mellorar.
4.      Conectar cos alumnos e/ou padres: É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan en clase. É un bo lugar para que os pais poidan coñecernos mellor e pescudar sobre o que están a traballar os seus fillos na aula.
5.       Mellorar a presentación oral e escrita: Cando se empeza un blog, un dos beneficios inesperados é que as presentacións orais e escritas melloran notablemente.
6.      Desenvolver o lado máis creativo: Se escribes nun blog con frecuencia, descobres que has de buscar maneiras creativas de articular as túas ideas ou mensaxes. Empezas a usar imaxes, refráns, videos, audio e enlaces a páxinas que completan os teus posts.
7.      Expandir as túas oportunidades profesionais: Cando publicas no blog, creas unha pegada dixital que te identifica como experto dentro do teu campo educativo nos ollos doutros centros .
8.       Cambiar a imaxe pública do docente: A calidade do contido e a dedicación que encontras en moitos docentes a través dos seus blogs desemboca nunha admiración polo seu traballo por parte dunha extensa audiencia (pais, alumnos, profesionais, xornalistas, etc). Autofórmanse, innovan e ofrecen o seu tempo e coñecementos.
Eu, que levo pouco tempo traballando no meu blog, cada día atopo máis vantaxes para a miña tarefa diaria: permíteme ter organizado o material que preciso para traballar, informar de recursos que me parecen interesantes e compartir coa comunidade educativa aqueles aspectos  da orientación educativa que todos debemos coñecer e cos que colaborar.
http://www.totemguard.com/aulatotem/2011/12/docente-8-motivos-para-crear-tu-blog-en-2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario